Saúdo do Deputado Delegado Antonio Veiga Outeiro
Antonio Veiga Outeiro O compromiso persoal e político adquirido con todos os lucenses e cos distintos concellos de Lugo en xullo de 2007, dende a Área de Cultura e Deporte da Deputación e, dende o BNG, conducirá todo o noso esforzo á recuperación e consolidación das actividades e dos espazos no eido da cultura e do deporte.

Para todos nós é unha prioridade, e máis nestes tempos, contribuír á recuperación e conservación do noso patrimonio histórico –material ou inmaterial- e potenciar en boa medida o tecido asociativo cultural existente en todas as comarcas. Un feito que se plasma en cada unha das achegas que realizamos aos concellos, especialmente a aqueles que contan cuns orzamentos máis reducidos.

A rehabilitación ou incluso a construción de espazos deportivos é tamén unha das nosas máximas. A descentralización da práctica dos deportes de base ou de calquera outra disciplina minoritaria é outro dos obxectivos que nos marcamos no momento no que chegamos á Deputación de Lugo e que, tentamos conseguir día a día.

Por iso, poño ao voso dispor esta páxina web, unha nova canle de comunicación que espero, se converta nunha ferramenta de utilidade para pór en coñecemento todas as iniciativas e axudas que clubs, asociacións culturais e concellos tendes ao voso alcance.
Inicio | Estrutura | Noticias | Axenda | Actividades culturais | Axudas | Documentación e impresos | Asociacións e clubs deportivos | Publicacións | Imaxe corporativa