A Asociación de Mulleres Rurais “Fraga das Saímas” é unha entidade sen ánimo de lucro que se constituíu o día 3 de febreiro de 2007 na parroquia de San Andrés de Boimente do Concello de Viveiro.
Este proxecto común púxoo en marcha cinco mulleres da parroquia de San Andrés de Boimente para darlle un maior protagonismo e participación á poboación feminina da comunidade veciñal, desta parroquia rural do norte de Lugo, co obxecto de impulsar, potenciar e executar actuacións e iniciativas de moi diversa índole que, ademais de axudar a mellorar a calidade de vida dos veciños sen ter que abandoar o seu medio natural e social, axude a promocionar a parroquia de San Andrés entre os cidadáns da Mariña Occidental.
Galería de imaxes
LIÑAS DE TRABALLO DA ASOCIACIÓN:
As tres principais liñas de traballo do Plano Xeral de Actuacións desta Asociación, son:
1ª.- Formación/Información
2ª.- Eventos socio-culturais de integración
3ª.- Fomenta-lo coñecemento sobre o Patrimonio natural, histórico e artístico de Galicia mediante visitas “in situ” guiadas.
SE QUEREDES COÑECER A PROGRAMACIÓN DA NOSA ASOCIACIÓN ANÍMOVOS A QUE VISITEDES O NOSO BLOG (http://mulleresfragadassaimas.blogspot.com) onde se recollen todas as actividades e iniciativas que estamos a desenvolver.