Cultura
Lugo, 8 de febreiro de 2010
Antón Bao recibiu na Deputación á Coral feminina Cantar Delas
A agrupación de voces femininas Cantar Delas contou co apoio da Área de Cultura da Deputación desde a súa posta en marcha no 2007
LUGO, 8 de febreiro de 2009. Esta tarde, o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao, recibiu no salón de actos do Pazo de San Marcos aos membros da coral feminina Cantar Delas, con cuxas integrantes viñeron tamén o seu director, Fernando Gómez Jácome, e o presidente da agrupación, Julio Méndez de Llano.



Antón Bao agradeceu á coral Cantar Delas que aceptasen o convite de achegarse á deputación para este acto de recoñecemento ao seu traballo de promoción e difusión da música vocal en Lugo. Como símbolo deste agradecemento, o vicepresidente da Deputación entregou un pequeno agasallo á coral, unha caixa musical elaborada a xeito de reprodución dunha zanfona en miniatura. Na súa intervención, Antón Bao manifestou o seu agradecemento á coral Cantar Delas e gabou a excelente calidade do conxunto, que se erixiu axiña cun nome na esfera da música vocal de Lugo e Galiza, e animou ao colectivo a continuar traballando para ofrecer á cidadanía actuacións de tanto calibre como até o de agora realizaron.



Bao explicou aos medios que “coa entrada no goberno da Deputación, desde a Área de Cultura puxéronse en marcha numerosos proxectos para apoiar a música lucense de todo tipo e desde todas as perspectivas”. O vicepresidente expuxo que “ademais de destinar unha importante cantidade orzamentaria ás axudas de concorrencia competitiva ás que as asociacións musicais, como a coral Cantar Delas, poden optar para sufragar parte dos seus custes de actividade, a Deputación ten en marcha o exitoso programa de dinamización de actuacións de bandas, corais e grupos tradicionais que se leva a cabo en colaboración con Caixa Galicia”. Amparándose neste proxecto, lembrou Bao, “sufragáronse preto de 300 actuacións de bandas, corais e grupos tradicionais, liberando ademais ás asociacións e comisións de festas das xestións necesarias para contratar aos grupos e evitando que teñan que correr cos custes da actuación”. Son moitos os esforzos que a Área de Cultura da Deputación realiza a prol de potenciar a música xa que cómpre que as administracións tomen partido para dinamizar a cultura musical do país e fomentar a súa difusión en todos os eidos da sociedade.
Documentos relacionados

Warning: filesize() [function.filesize]: stat failed for documentos/noticias/cultura/100208_recepcion_cantar_delas_antn_bao.mp3 in /var/www/vhost/v1deputacionlugo.org/home/html/noticias.php on line 244

Warning: Division by zero in /var/www/vhost/v1deputacionlugo.org/home/html/include/funciones.php on line 157
Corte de Voz - Antón Bao[ 0 ]
Corte de Voz - Antón Bao
Inicio | Estrutura | Noticias | Axenda | Actividades culturais | Axudas | Documentación e impresos | Asociacións e clubs deportivos | Publicacións | Imaxe corporativa